Jesús Quintá García
Presidente Consello Regulador
Benvida do presidente
Toda a miña vida, dende rapaz, levo vinculado laboral e emocionalmente á castaña e é por iso, que cando no ano 2009 a Castaña de Galicia foi recoñecida como unha Indicación Xeográfica Protexida, vin alcanzado un dos meus maiores desexos: que a castaña galega fose distinguida pola súas diferencias de calidade e peculiaridades organolépticas derivadas da súa localización xeográfica, sendo esta ademais unha forma de evitar un uso fraudulento da referencia á orixe galega.
No sector temos por diante un longo camiño, que sen dúbida dará grandes froitos para a castaña galega, tanto na mellora e organización da súa produción coma na promoción e divulgación, apartado no que este portal agarda ser o escaparate das súas virtudes, así coma das actuacións e novidades emprendidas dende o Consello Regulador, que é o órgano para a xestión e promoción da I.X.P. Castaña de Galicia, albergando ademais toda a información últil para os operadores inscritos ou que desexen acollerse ó selo de Castaña de Galicia.
Convídoos pois a un paseo virtual polos centenarios soutos galegos.
Benvidos.
Datas importantes na cronoloxía da IXP Castaña de Galicia:
- Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional (DOG Nº29 do 11 de febreiro de 2009)
- Regulamento (UE) Nº409/2010 da comisión do 11 de maio de 2010 polo que se inscribe unha denominación no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexido e as Indicacións Xeográficas Protexidas [Castaña de Galicia (IXP)] (DOUE de 12-5-2010).
- Corrección erros (DOG Nº34 do 18 de febreiro de 2009)
- Modificación en tramitación
DOG do nomeamento do Presidente e da Vicepresidenta do CR da IXP Castaña de Galicia, 2023
Publicación de una modificación normal aprobada del pliego de condiciones de una indicación geográfica, tal como se contempla en el artículo 4, apartado 4, y el artículo 5, apartado 2, del Reglamento Delegado (UE) 2025/27 de la Comisión