CONVOCATORIA
Cociña con Castaña de Galicia, XVI edición
A IXP Castaña de Galicia convoca, en colaboración coa aula de Cociña Porto-Muiños, o XVI concurso de receitas “Cociña con Castaña de Galicia”, para promocionar e incentivar o uso de CASTAÑA DE GALICIA con selo de calidade durante todo o ano.
FASES DO CONCURSO
Fase 1: Presentación das receitas participantes: prazo de presentación ata o día 23 de xuño de 2026.
Fase 2: Publicación do nome dos 6 finalistas a través da web da IXP Castaña de Galicia:
www.castanadegalicia.org
e no blogue da aula de Cociña Porto-Muiños:
www.auladecocinaportomuinos.blogspot.com
Os 6 finalistas elixidos polo xurado terán dereito a participar na fase final do concurso, onde elaborarán a receita seleccionada.
A comunicación dos seleccionados realizarase tamén mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico que se facilite na inscrición.
Fase 3. Final do concurso: escolleranse as receitas gañadoras. Ese día os finalistas defenderán os seus pratos ante un xurado nunha exposición de aproximadamente 15 minutos onde explicarán, elaborarán e/ou empratarán a súa receita.
Información e inscripcións
Participantes
O concurso está dirixido a afeccionados á cociña, estudantes de hostalería e bloggers gastronómicos residentes en España.
Para participar, os interesados deberán enviar unha receita orixinal con CASTAÑA DE GALICIA como ingrediente principal acompañada dunha fotografía do prato ao seguinte correo electrónico: comercial@portomuinos.com
Ou por correo ordinario a:
Porto-Muiños. Polígono de Acevedo, parcela 14. 15185. Cerceda. A Coruña.
Condicións:
As receitas deberán ser orixinais e de elaboración propia, sendo a CASTAÑA DE GALICIA e o seu sabor o ingrediente principal do prato que se vai elaborar.
Nas receitas participantes deberán indicarse os ingredientes, as cantidades necesarias, o proceso de elaboración do prato e unha fotografía deste, ademais de toda a información que o participante crea conveniente especificar.
Categorías:
- Receitas salgadas
- Receitas doces
- Estudantes de hostalería
Pode consultar as bases completas nas seguintes ligazóns:
bases galego |
bases castellano