O programa de acción da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, para a loita biolóxica contra Dryocosmus kuriphilus, conta con dúas liñas principais de actuación:

1. Soltas do parasitoide Torymus sinensis: Dende comezos do mes de marzo realízanse revisións do estado de brotación dos castiñeiros e da existencia de bugallas verdes. Con estas revisións preténdese detectar o momento e os lugares nos que é preciso realizar as soltas do parasitoide. As soltas débense realizar cando as bugallas aínda están frescas para que as femias de T. sinensis poidan depositar os ovos no interior das mesmas. As soltas adoitan realizarse dende mediados do mes de marzo ata a primeira quincena de xuño.

2. Estudo do grao de parasitación: esta comprobación realízase recollendo bugallas, tanto de xema como de folla, que son enviadas ao laboratorio, onde comproban, mediante a súa apertura, a presenza do parasito. Esta recollida realízase nos meses de outono.

Máis info: https://ovmediorural.xunta.gal/sites/default/files/boletins-sanidade-forestal/260608_Aviso_avispilla.pdf

Compartir en redes

HISTÓRICO DE NOVAS 2013-2023

Links

  • BOLETÍN DE SANIDADE FORESTAL, Consellería do Medio Rural (LER)
  • Agacal - Axencia Galega de calidade Alimentaria (Ver)
  • Xunta de Galicia - Consellería do Medio Rural (Ver)
  • Serra do Courel (Ver)
  • SIGPAC (Ver)
  • SIXPAC (Ver)
  • Xunta de Galicia - Información Xeográfica de Galicia (Ver)
  • FEADER - Fondo Agrícola Europeo de Desenvolvemento Rural (Ver)
  • Xunta de Galicia - Guía de procedementos e servizos (Ver)
  • Centro de Investigación Forestal LOURIZÁN (Ver)
  • Experiencias de Calidade - IXP Castaña de Galicia (Ver)
  • Denominaciñon de origen protegida España (Ver)
IDIOMAS »